Chavert Psicología organiza talleres de coidado de voz durante os meses de xaneiro e marzo de 2019 no seu gabinete en Santiago de Compostela.

Son moitas as persoas que teñen a súa voz como ferramenta de traballo, pero que co paso do tempo van notando o que se coñece como “quedarse sen voz” (afonía) ou sofren unha alteración nas calidades acústicas da voz (disfonía), debido a un mal uso ou abuso desta.

Traballar no coidado da voz e na prevención da aparición destas enfermidades é fundamental para poder desenrolar a nosa actividade profesional sen que a nosa saúde se vexa afectada. Por este motivo, en Chavert Psicología impartiremos durante os tres primeiros meses de 2019 talleres de coidado de voz.

¿EN QUÉ CONSISTEN OS TALLERES DE COIDADO DE VOZ?

Os talleres de coidado de voz estarán dirixidos polas logopedas de Chavert Psicología, xa que son estes profesionais os responsables de transmitir á poboación a importancia de coidar a voz, como facelo e as pautas a seguir. A través do coidado da voz pódese desfrutar dun bo rendemento, sen entrar no círculo vicioso do abuso vocal, e evitar así caer na xeración de nódulos ou pólipos.

Para iso, seguirase un plan de intervención no que se traballarán os seguintes aspectos:
1. Que é e por que se produce unha afonía ou disfonía?
2. Traballo cos compoñentes responsables do propio exercicio vocal.
3. Pautas de coidado de voz e hixiene vocal

¿A QUEN VAN DESTINADOS OS TALLERES DE COIDADO DE VOZ?

Todas aquelas persoas interesadas en coidar a súa voz, que teñan tendencia a facer un sobresforzo da mesma, ou que estean expostas a condicións ambientais pouco favorables, como por exemplo: profesores/as, oradores/as, políticos/as, teleoperadores/as, comerciais, guías turísticos, cantantes, locutores/as, dependentes/as, monitores/as, animadores/as, mariñeiros/as, persoas expostas durante longas xornadas a aires acondicionados; traballadores/as de centros comerciais, de espazos pechados ou pouco ventilados.

DATAS E DURACIÓN

Os grupos de coidado de voz teñen unha duración trimestral e dividiránse en dúas quendas.

1ª quenda 

Grupo de mañá: os mércores de 11 a 11: 50 do 2 de xaneiro ao 27 de marzo de 2019
Imparte: Sandra Mata Ares.

Grupo de tarde: os xoves de 19:30 a 20:20 do 3 de xaneiro ao 28 de marzo de 2019.
Imparte: Jéssica Suárez Arufe.

2ª quenda 

Grupo de mañá: os mércores de 11 a 11: 50 do 3 de abril ao 26 de xuño de 2019.
Imparte : Sandra Mata Ares.

Grupo de tarde: os xoves de 19:30 a 20:20 do 4 de abril ao 27 de xuño de 2019
Imparte: Jéssica Suárez Arufe.

INSCRICIÓNS NOS TALLERES DE COIDADO DE VOZ

Os grupos teñen un aforo limitado de 5 persoas polo que se precisa realizar unha preinscripción por correo electrónico ou por teléfono.

Para realizar a preinscrición nos talleres de coidado de voz en quenda de mañá envía un email a logopedia@chavertpsicologia.com ou chama ao teléfono 656622015. Se prefires a quenda de tarde, podes preinscribirte a través do correo electrónico  logopedia2@chavertpsicologia.com ou por teléfono no 610351135.

TARIFAS 

A tarifa mensual dos talleres de coidado de voz é de 80 euros.

LUGAR 

Tódolos talleres terán lugar no gabinete de Chavert Psicología, situado no entrechán do número 23 da rúa do Hórreo en Santiago de Compostela.