Chavert Psicología recupera os seus talleres de habilidades sociais para nenos e nenas cunha periodicidade mensual de febreiro a xuño.

Estes talleres están orientados a nenos e nenas que teñen dificultades na relación e/ou no comportamento. O obxectivo desta actividade é dotar de ferramentas a aqueles cativos que teñen dificultades nas diversas situacións sociais ou para expresar as súas emocións de xeito regulado.

Todas as sesións realizaránse un sábado ao mes en horario de mañá nas instalacións do noso gabinete de psicólogos en Santiago de Compostela. Estas sesións estarán dirixidas por profesionais da logopedia, terapia ocupacional e pedagoxía.

¿Queres apuntar aos teus fillos? Tes máis información sobre a quinta edición dos talleres de habilidades sociais para nenos na sección de Talleres e Charlas.